Nesta semaniña houbo moito traballo, moitas visitas e moita actividade.
Estamos a rematar os MANDALAS de Nadal.
Estamos a rematar os MANDALAS de Nadal.
Tivemos a visita dos MONKEYS outra vez, pero vestidiños de Papá Noel.
Vede qué guapos estaban:
A profe COVA tamén nos trouxo uns contos moi, moi chulos aos que atenderon ata os nosos moniños favoritos.
Fixádevos a ver se os vedes na foto:
Tivemos un cumple moi desexado, o penúltimo de 5 anos, o de THEO...
¡¡¡As magdalenas de choco e crema estaban
es-pec-ta-cu-la-res!!!
Antes de que se nos esqueza colocamos a foto dos encargados da semana: DANI, ALEX, CARLA e JORGE.
Traballamos moito para adornar a clase, pero aínda queremos facer máis...
A nosa árbore de bonecos de neve está feita coas pegadas dos nosos polgares e índices:
E case ao final da semana recibimos unha carta moi especial:
¡¡Incrible, os Reis magos querían falar connosco!!
E cando semellaba que xa non podían ocorrrer máis cousas emocionantes...Chegou Asun a nos visitar.
Bótanos de menos e veu a desexarnos un BO NADAL.
¡Vaia sorpresa máis estupenda!, pero no foi a última...
Dende as montañas do Courel apareceu cheo de sorpresas a agasallos da Natureza o PANDINGUEIRO.
Vede qué ben o pasamos aprendendo hábitos saudables e de convivencia co contorno e a natureza...
Por último, un aviso:
Vos lembramos ás familias que aínda estades en tempo de enviar as fotos da vosa árbore de Nadal para a felicitación dixital da aula. Animádevos:
¡¡Xa nos chegaron algunhas e están estupendas!!
Profe Silvia, es unha artista: non so hai traballo dos nen@s, fas unhas presentacións preciosas. Noraboa! Congratulations!
ResponderEliminarComparto o que di a English teacher e ademáis darlles a noraboa a eses nen@s traballadores que ten, que se nota que son moi maiores xa...
ResponderEliminarBiquiños