Amosando publicacións coa etiqueta ANIVERSARIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIVERSARIOS. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2020

🐶🐱🐮🐷De visita pola GRANXA 🐣🐇🐓🐴

Esta entrada vai por tod@s vos, Cadradiñ@s!!💪🌈✨
 Estádelo a facer moi, pero que moi ben e temos un montón de fotos e vídeos que o proban. 
Queredes ver algúns?


Dentro duns días poderedes ver todos os vídeos e fotos xuntos. Aínda estás a tempo de mandalos.
Só temos que agardar un pouquiño máis.

Pero antes de nada imos de festa, xa que esta semana tivemos Aniversario!! E xa son 5 anos, como 5 soletes!!! 
🌞🌞🌞🌞🌞


Por suposto non pode faltar a canción que poñemos na clase, verdade?
Vai por tí, chica maior 💖🍰🎂🥧🧁


Que ganas de celebralo xunt@s tod@s, verdade? Pois ánimo que xa falta menos!! Namentres agardamos  a reunirnos, moitos ides mandando traballiños escritos, como Carmen, Martina, ou Candela e Laura mesmo que sacaron un 10!! na ficha do oso...


Aproveitando o ben que vos quedaron esas fichas , vos propoño esta na que usamos o superdibuxo de Martina. Nela están debuxados 4 cadradiñ@s. Teñen o nome para que o leades, pero podedes tratar de recoñecelo sen o ler. O intentades? Por detrás podedes poñer a vosa propia versión d@s cadradiñ@s con -O- ou se xa o fixechedes podedes debuxar a Martina 😉 ...


Pois xa que estades traballando un pouquiño, vos propoño unhas fichas interactivas. Repasamos o -O- e ademáis as podedes mandar directamente ó buzón ó rematalas. Veña, que esta é supersixeliña... e do noso amigo o OSO. Tamén a podes imprimir sen mais e facela "analóxicamente".

https://es.liveworksheets.com/do432374lo

Nesta podes buscar as letras que lle faltan a estes animais no móbil/tablet ou ordenador...ou imprimila, xa sabes e cubrir os ocos a man. Une os animais ó seu nome.


Pero espera, non marches sen xogar un pouco...e contar unhas Ovelliñas

  
 

Na seguinte granxa falta unha pouca de orde. Nas primeiras tes que colocar os obxectos diante ou detrás segundo parezan na foto. Pero tes moito traballiño: son máis de 20 cousas que facer.


Se che sobraron folgos, pásate pola granxa de MacDonald que che trae Cova ata o seu blogue:



E non esquezas o PADLET.  Atoparás todo isto e algo máis! Do 234 ao 241



luns, 18 de setembro de 2017

A primeira semana na aula d@s Cadrad@s

Comezou o curso na Aula dos Cadrados!!


Moito medraron @s Cadradiñ@s neste verán...
El@s amén o notaron e así de alegres se debuxaron, case que a tamaño real!!!



 Viñeron moi dispostos cara a súa nova vida escolar... 
Somos os maiores de Guísamo, así que 
comezamos repasando as cousas importantes.


Compartindo, probando e collendo  forzas que temos moito que facer e aprender.



O certo e que deunos tempo ata a ter Aniversarios. 
Festa rachada!!!



 Queres ver máis cadradiñ@s en acción?
 Pois non perdas o que ven agora...


 Axiña voltamos con máis novas.

Saudiños d@s Cadradiñ@s!!



domingo, 28 de setembro de 2014

ANIVERSARIO DE ESTELA

Así da gusto!!
Nada máis empezar o curso 2014-2015 celebramos o primeiro aniversario:
Estela naceu en Setembro.
Parabens, Cadradiña.