domingo, 25 de novembro de 2012

Máis CADRADOS NOS CADRADOS

Temos moitas cousas que contar na
Aula dos Cadrados.
Xa nos despedimos de Francia (AU REVOIR) e marchamos con MADLENKA cara outros lugares. 
Dámosvos uhna boa pista coas fotos que seguen...


Por se non vos da tempo a vernos,
poñemos o póster completo...


¿ Aínda non sabes cara onde fumos desta volta?
Pois o noso amigo MANUEL acláracho neste vídeo...



Podes seguir a nosa viaxe a través dos blogues PINTUREIRO, TICs do CRA, Son do CRA e O Mundo Enteiro, aínda que en todos os blogues do CRA seguro que atoparas cousas interesantes.

Nestes días estivemos seguinda pista duns pequenos amigos dibuxados por ANXO FARIÑA. Son CADRADOS, como a mascota da nosa Aula,
¡¡¡Son os famosos PELELLIÑOS!!!
Amigos de Antón e Pompón que tamén nos acompañan na viaxe...

Xa levamos algún para a casa e pronto levaremos os demáis. Con eles aprendimos a colocar ollos e boca nas cara e imos mellorando moitísimo...
Aquí o podedes apreciar.
Tamén tivemos os nosos primeiros encargados do curso. 
Esa honra nesta primeira vez foi de...
NOEMÍ, VÍCTOR E ALBA.
¡Qué contentiños estaban!
Nesta última semana tamén celebramos o
con diferentes actividades. 
Vede cómo resultou na nosa aula...


Logo coa profe Isa, da BIBLIOTECRA, vimos un vídeo musical de LUNICEF superchulo...


e un contador de días dos dereitos de seu para cada neno que poderedes ver no blogue BIBLIOTECRA.



Continuaremos coa viaxe a vindeira semana, desfrutando das características de INDIA; pintando MANDALAS dende Pintureiro; aprendendo e visualizando cousas indias dende o Mundo Enteiro; facendo instrumentos coa profe María; documentándonos dende a Biblioteca 
e xogando no mundo no blogue de TICs.



domingo, 4 de novembro de 2012

MAGOSTO, OUTONO , SAMAÍN. Cantas cousas nos Cadrados...

Tempo de Outono,
tempo de moito movemento dentro da Escola e FORA tamén!!


Na entrada da Escola de Guísamo a 
 EXPOSICIÓN de CABAZAS
 medrou taaanto que cáseque non cabiamos. 
Marabillosíssimas todas elas, 
e vede que felices as amosamos...



Entre as cousas destas semanas tivemos unhs visita culinaria a FRANCIA, non o credes? 
Pois vos invitamos a entrar connosco no 
TALLER DE COCIÑA "Ohlalá os Croissants"
Da man do propio GASTÓN e á sombra da mesmísima Torre Eiffel comezamos a aventura da cociña francesa.

Grazas a profe Julia e @s amig@s da Aula dos Triángulos que nos prestaron axuda e as súas instalacións.



Como tamén é tempo de Castañas non nos esquecemos de aprender a Canción das Castañas polo chan tan axeitada para a excursión que estabamos a piques de realizar.

De Tics CRA



Xa saímos de MAGOSTO, de Teatro, de Exposición... Menudo día máis canso e divertido.

Non vos perdades as emocións do 
MAGOSTO DOS CADRADOS...



Iso sí, non podemos esquecer tampouco as emocións vividas coa profe COVA disfrazada de  WITCH ( bruxa)  e a súa SPIDER (araña).

 E que nesta escola O PASAMOS DE MEDO!!!


(Profe Cova,please,FORGIVE US.
 We love you !!)



¡¡Au Revoir, amig@s!!