Amosando publicacións coa etiqueta FOTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FOTOS. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de abril de 2020

✨💖🎥📽 ESTREA DE PELÍCULA!!📽🎥💖✨

Esta martes comeza de alfombra vermella. Por fin estreamos a película. Temos @s protagonistas máis exitosos. Temos moitas historias. Contaronnos  os seus contos favoritos: algúns pouco, outr@s moito e @s de máis acolá con portavoz. Veredes cómo o fixeron. Xa volo adianto eu, que de MA-RA-BI-LLA!!


Pero antes de coller o tique🎟🎫  e comezar coas palomitas🍿 revisa outras novidades d@s cadradiñ@s destes últimos días.
 Da gusto ver o ben que estades tod@s!! E a man que tedes para os experimentos.


Unha colleita enorme!


   Os experimentos de A AUGA QUE CAMIÑA




O novo experimento tamen está feito!! Mario G o envía con vídeo e todo!!






 Vos queda fantástico: vede, vede...




Pro aínda hai máis:

Fabulosísimo ese pez "arcoiris!! Que color!!!Bravo!!!

E sabedes quen se animou a facer os experimentos connosco? Xa o poderedes ler na foto que enviou do resultado.
Síiiiiiii, é a profe ADA, que fixo as prácticas connosco e que sempre está pendiente do ben que o facedes!!BICOS PARA TÍ tamén, ADA.

Agardade, agardade, que aínda que máis cousas: os debuxos de Sabela para practicar o seu "English"


e unha celebración estupenda. 
Entre manualidades e bos momentos na casa ,houbo un ANIVERSARIO!! 5 anos xa!!


E aínda que non llo puidemos cantar en persoa, podemos disfrutalo neste vídeo que é como os que poñemos na Pantalla de clase, acordadesvos? 



Por último , se xa tedes preparada a vosa entrada, imos a estrear a película con TOD@s @s Cadrad@s actuando.
gif feito con fotos freepik
Apagade os móbiles  😉 e Shhhh! Silencio, comeza a función.🎬📽



A que estades xenial?
Iso sí, coa emoción non vos olvidedes de pasar polo PADLET que temos suxestións moi chulas hoxe.



luns, 20 de abril de 2020

🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕

Menuda marabilla de semana foi a pasada. Estamos EMOCIONAD@S con ben que vos saíron os experimentos todos. Cousa bonita de ver!!!

Como recompensa a tanto esforzo queda este crebacabezas. Serás quen de facelo? É bastante difícil, pero confiamos totalmente en ti...podes poñer a "pantasma" a primeira vez para que che dea pistas.




Deixovos as fotos dos experimentos que enviáchedes, e os enlaces onde van estar colocadas. 
Unha marabilla de científic@s, est@s cadradiñ@s!!


Vede, vede, que aínda hai máis
  Temos aquí outra estupenda contribución


Tamén temos NOVIDADES do experimento do ovo saltón. Se queres velos preme aquí



Por último, unha achega con mooooitos extras:


O que vedes, ten ata MESA de LUZ. E así queda de marabilla. 
Pero, quiet@s, quiet@s, que aínda hai máis..
.

E unha proposta do máis "ECOFRIENDLY"


 Estamos desexando ver os resultados!!!
Moitisimas grazas ós que ides compartindo. Da gusto ver o guai que estades. 😍😍😍


Nesta semana temos o Día Internacional do Libro e para celebralo vos fago unha SUPERPROPOSTA IRRECHAZABLE 😉🤣 Podedesnos mandar un pequeno vídeo co voso conto favorito e por que vos gusta. Ou que se preferides contades que é o que máis vos gusta desa historia.
 Así poderemos convertir esta semana nunha 🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕 Os podemos xuntar todos e facer a película dos "CONTOS FAVORITOS D@S CADRADIÑ@S", vos apetece? Eu xa estou preparando o meu. Espero ver pronto as vosas achegas.🙌👀

Non esquezades pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO para ver as propostas de hoxe: a letra E, xogos , bailes, cancións...


Bicos e sentidiño!! 🌈💖

martes, 14 de abril de 2020

BENVID@S DE NOVO!!🌈✨ Estreamos trimestre!!!

Benvid@s de novo a un novo trimestre superespecial.
Nesta ocasión ofrecémosvos este magnífico ramo de benvida, que máis se pode pedir??
de Mario G

Pois se pode pedir un crebacabezas para empezar movendo a mente,asi que aquí o tedes:



Aínda nos queda un pouquiño de mes de Abril, pero xa rematamos o Almanaque anterior, así que vos fixen este novo que colle algo do mes de Maio por iso de animarnos cando se achegue o caloriño. Se non tedes impresora podedes facer un casa igual ou máis chulo aínda. Non esquezades poñer os días sinalados.


Nestas vacacións de Semana Santa recibimos moitos correos n@s cadradiñ@s. Algúns dos experimentos están superando as expectativas que tiñamos. E que vos saen de MARABILLA!!
Poñovos as fotos de Aroa e Martina que mandaron as súas experiencias.⚗🔬🌱✨
  Preparad@s, list@s...

XA!!
   
Xenial!!
Ides que dar de pedra coa seguinte foto que leva DOUS experimentos polo prezo dun. Fabuloso tamén. Mesturando ovos e lentellas, quedoulles unha foto rica, rica!!!

Mañá toca un experimento novo. Algo máis doado, para que non todo sexa esperar , vale?
Xa sabedes que podedes ver máis cousas no   PADLET NON PERDAS O RITMO.

Vémonos!!! 



venres, 3 de abril de 2020

🌈💖SEMANA SUPERADA💖🌈

 Fixéstelo!!
Pasou a semana a toda cor. Como Arco da Vella  que mandou Mario G para animarnos a tod@s un pouco!!

Veña, veña que xa é venres!! Temos moitas cousiñas por que nos estamos preparando para deixarvos diversión en vacacións. Pero antes. Cómo vai o noso 

💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 6?

Temos novas recentes do experimento do OVO SALTÓN. Hoxe teríades que quitalo do frasco os que o puxestes o mércores. Os demáis aínda estades en tempo 😉.Polo de pronto aquí está a primeira achega notificada:

Se queres saber máis preme na foto.
 Non esquezades enviar os resultados dos vosos!!
E que tal van as FABAS de 🌿🌱SEMENTANDO🌱🌿?
 Algúns xa as puxeron na ventana o mesmo día. Qué tal medrarían?
 
preme nas fabas e verás as fotos novas Abaixo

Pois, veña, mans á obra. P
ropoñémosvos profundizar nas vosas emocións nestas datas. Xa sabedes que os demáis prefeiren que esteamos contentos, pero non semre pode ser así, claro. Temos unha chea de emocións no noso corpo:


Como no PADLET non cabía todo aquí quedan algúns recursos máis. Empezamos polo conto para que non teñas que ir buscalo de cada vez😉




No PADLET tes moitos recursos colgados para que podas pasar varios días xogando e divertíndote mentras aprendes a descubrir que sentes ti e os demáis da casa. E cómo podes facer para sentirte mellor.  


Non esquezas facer de cando en vez unha ficha, que precisamos ter a man entrenada para poder crear o que nos gusta. Deixovos algunha para non perder os bos costumes. 
Marchando  unhas de mates de monstros confusos:


 A estes mellor ponlle tí as cores. Sabes cal é cal?



Animaste a xogar con este dado de emocións? Podes descargalo e imprimilo ou pegarlle tí os mostros a un que xa teñas feito.
A este lle podes por tí a cor

 Quedan aquí os debuxos para poder imprimilos e pegar no dado ou onde queras.

Antes de deixarvos ir tranquiliñ@s de vacacións, unhas recomendacións. Ademáis de para bicar, apertar, e mimar a tódolos que vos arrodean...Aproveitade para botarlle unha ollada ós  outros blogues do CRA, teñen cousas moi chulas tamén. Pero sobre todo...Desfrutade!!!!
Á volta, con sorte, algúns xa teredes unha chea de desexos nos botes, unhas fabas medrando e o recordo dos ovos saltaríns. Compartide connosco o que queirades...

Moitísimos bicos virtuais  !!
🌈🤗💖✨🧡💛💚💙💜🤎🖤






xoves, 2 de abril de 2020

ADIANTE, QUE XA ESCAMPARÁ!!🌦🌈🌞

Que chova!!🌦
Nunca choveu que non escampara é un dito moi noso. E ademáis é certo, xa o levan dicindo @s avo@s denden vai séculos. Así é PRIMAVERA, moi de chover e moi de arcos da vella 🌈. E moi de ovos de Pascua tamén. Por certo, sabedes que puxo un Ovo?
PREME na imaxe. Seguro que hai o que ti cres.

Pos sí, a mesma. Lembrades o conto?  Pois ahí vai por se acaso.


Chulísimo, verdade?
Olla cantas actividades tes para lembrar o conto:
 Podes lelo en castelán ( presta atención a ver se notas qué é diferente nesta versión)


Sii, 🤣🤣🤣 teñen outros nomes. Marjorie nesta chámase...Macarena, pero e o pitiño?
🐣

Podes descargar o conto para colorealo premendo na imaxe de abaixo:


Xogar co LIM


E facer estes xogos interactivos. Se premes na esquina con frechas vermellas abrirache en grande e o verás mellor.




Este de LETRAS é todo un reto:



Aínda queda outro máis. Atréveste? Uhna sopa de letras. SUPERDIFÍCIL, asi qeu se non podes, non pasa nada. Pide axuda.

Non te vaias sen lle botar unha ollada ao  PADLET NON PERDAS O RITMO.
 Temos moitas máis cousas alí. 
Hoxe escollémola cor do día como  LILA  igual que o xoves pasado, a que sí?


xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES EN PRIMAVERA!! 🌞🌻🌿🌱

Un minutiño...Xa é xoves? 
E con sol?🌞 Incríble!
Hoxe temos unha chea de recursos que compartir. Comezamos?


O primeiro felicitarvos a tod@s os que fixeches onte o experimento


Sairon moi guai!!Grazas por compartilas!!💖

Se queredes velas máis paseniñamente podedes premer nelas. Levarante ata a entrada do experimento⚗💧 que é onde están metidas.

Tamén podedes ver o experimento con Pementa que fixeron na casa de Sabela. Está total!!
Preme na foto
Hoxe falamos da Primavera, lembramos o saúdo ao sol que coñecíamos. VISITAMOS OS BLOGUES de Orientación, Audición e Linguaxe e Biblioteca. Así que podes ler uns contos, facer unha ficha e  xogar online coas estacións.
 Casi nada!!

Para facer todo iso tedes que pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é LILA 
Esta é a flor que se chama LILA

a cor que ás veces confundimos coa VIOLETA
Esta flor chámase VIOLETA
A que xa o sabías?




mércores, 20 de novembro de 2013

RECICLANDO QUE É XERUNDIO...

Coa profe ALBA fixemos seguimos adiante coa experiencia da reciclaxe. Fixemos cousas tan chulas que parece mentira que sexan feitas con material de refugallo.

 O primeiro un pouquiño de papel para aproveitar a prensa, papeis e revistas que nos sobran na casa.
Compartindo experiencias c@s outr@s compañeir@s da Escola de Guísamo ...

Troceamos moitísimos papeis que remollamos na auga. Agora teremos que "pescalos" para batelos e facer unha pasta:



  Logo de meter os papeis na batidora precisamos escurrila masa que se crea. Nos usamos unha peneira superchula que trouxo a profe ALBA feita polo avó SUSO para esta ocasión:

Logo estivemos vendo a unidade de traballo e xogo que fixo coa PDI para nós. 


Quedámonos todos engaiolados coa canción de reducir, reutilizar e reciclar dos moniños. 



Ainda que este RAP das tres erres non este nada, nada mal...



O caso é que á profe ALBA, que sempre está a argallar cousas para nós, ocurríuselle facer algo coas botellas de vidro. 

Algo máis que metelas no seu contenedor, claro :
Un CRISTALÓFONO 
Todos colaboramos para enchelas.






¡¡Compuxemos a nosa propia MÚSICA con elas!!

¡¡Pasámolo xenial!!Ésta é unha idea moi divertida e tamén podemos facela na nosa pizarra. ¿O vemos? Preme na imaxe de abaixo e busca no apartado de facer música con botellas, ou outro que tí queras...

¡¡Grazas, profe ALBA!!
Agora todos sabemos un pouquiño máis sobre a reciclaxe. E imos reducir, reutilizar e reciclar moitísimo máis.