martes, 14 de abril de 2020

BENVID@S DE NOVO!!🌈✨ Estreamos trimestre!!!

Benvid@s de novo a un novo trimestre superespecial.
Nesta ocasión ofrecémosvos este magnífico ramo de benvida, que máis se pode pedir??
de Mario G

Pois se pode pedir un crebacabezas para empezar movendo a mente,asi que aquí o tedes:



Aínda nos queda un pouquiño de mes de Abril, pero xa rematamos o Almanaque anterior, así que vos fixen este novo que colle algo do mes de Maio por iso de animarnos cando se achegue o caloriño. Se non tedes impresora podedes facer un casa igual ou máis chulo aínda. Non esquezades poñer os días sinalados.


Nestas vacacións de Semana Santa recibimos moitos correos n@s cadradiñ@s. Algúns dos experimentos están superando as expectativas que tiñamos. E que vos saen de MARABILLA!!
Poñovos as fotos de Aroa e Martina que mandaron as súas experiencias.⚗🔬🌱✨
  Preparad@s, list@s...

XA!!
   
Xenial!!
Ides que dar de pedra coa seguinte foto que leva DOUS experimentos polo prezo dun. Fabuloso tamén. Mesturando ovos e lentellas, quedoulles unha foto rica, rica!!!

Mañá toca un experimento novo. Algo máis doado, para que non todo sexa esperar , vale?
Xa sabedes que podedes ver máis cousas no   PADLET NON PERDAS O RITMO.

Vémonos!!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario