Amosando publicacións coa etiqueta EQUIPOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EQUIPOS. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de febreiro de 2020

Vivindo nos POLOS...

Cambiamos de trimestre e cambiamos de Ecosistema. Deixamos atrás nosa fabulosas Fragas para adentrarnos nos xeados POLOS na procura doutros animais e outros habitantes do noso Planeta. Escollemos unha mascota por equipo: BALEAS, OSOS e PINGÜÍNS. A que vos gustan?



 Cambio de encargad@s e de escenario; novas chapas e novas aventuras...



De seguro imos averiguar moitísimas cousas no noso proxecto...  A cousa promete


A decoración está comezando... 


Pero que non falte a diversión!!!


Invitámosvos a que disfrutedes connosco a aventura do PLANETA ANIMAL, o proxecto deste ano. Premede nas letras para botarlle un ollo ao PADLET colaborativo. Tamén podedes acceder a el no lateral do BLOGUE ou premendo na imaxe  de abaixo.


luns, 5 de outubro de 2015

PDI NOS CADRADOS: QUE CHULO O NOSO ENCERADO DIXITAL

Na clase dos Cadrados comezamos a ver a vida dende unha enoooorme ventá: 
a do noso EDI ou PDI.
(Encerado Dixital Interactivo ou Pantalla Dixital Interactiva) 
E é que nos Cadrados mesturamos case que maxia e novas tecnoloxías.
Pódelo comprobar premendo no noso Cadradiño, 
verás que estupenda sorpresa atopas...

Foi marabilloso descubrir cantas cousas nos pode ofrecer a nosa amiga:

Cada un de nós lle pedíu que nos amosara algo que nos gustaba moito, e acertou toooodas as veces. 

 
 

E cando xa vimos o doado que era compartir a información, comezamos a usala a cotío para axudarnos en moitas cousas diferentes, como aprender as cores dos nosos grupos:

Primeiro os buscamos pola aula

despois os xuntamos entre todos








e por último puxemos as nosas fotos coas nosas cores na PDI e as asinamos persoalmente!!




 Cada día engadimos algo máis na nosa folla da Pizarra, xa lle puxemos a nosa voz, a nosa inicial...e xogos nos que os protagonistas somo nós mesmos.
Toda unha achega ao noso xeito de aprender!!


Como remate unha nova ferramenta para podermos ver os contidos das entradas do blogue en calquera sitio cos teléfonos o tablets que usamos maiores e pequenos do xeito máis rápido: 
Os códigos QR de cada entrada. 
Este foi noso primeiro QR que xa te mos na casa para lembrar a entrada anterior e en breve levaremos o seguinte, o desta mesma:

 
Ata a vindeira entrada, Cadradiños!!!