venres, 19 de maio de 2017

O HORTO AROMÁTICO. Plantamos con ASPADISOL

Neste trimestre queremos probar algunha das actividades que os nosos antepasados CASTREXOS desenvolvían. Así que decidimos plantar herbas aromáticas para cociñar, preparar tisanas, fabricar afeites e dar bo arrecendo nos nosos castros, agora casas...
Aprendemos a recoñecer algunhas antes de plantar e a coñecer algo máis da contorna dalgúns castros...

Grazas á colaboración inestimable de ASPADISOL o horto aromático de Guísamo acaba de nacer...

 Como sempre que colaboran connosco estamos encantadas e encantados cos seus resultados e o esforzo e boa vontade coa que sempre veñen a coidar da nosa contorna de xogos.
Ollade que chulo quedou...
Nos na aula estamos a traballar e aprender moito con esta plantación: investigamos, observamos, comparamos, anotamos e aprendemos novas letras e palabras...






Non nos olvidamos de seguir de preto ás nosas plantas. Procuramos revisalas para observar a súa adaptación. Eso e para estar en contacto coa natureza no noso patio, claro!! O pasamos estupendo!!
 Queremos darlle as grazas dende aquí aos chicos de ASPADISOL, ao seu Monitor e a Mª José Ferreiro, directora, que nos agasallaron non somentes co seu traballo e tempo, senón cunhas fermosísimas plantas.
Biquiños dos Cadradiños!!!

luns, 8 de maio de 2017

PROTEXIDOS QUEDAMOS


Estupenda visita tivemos esta semana:

As voluntarias e voluntarios👧👦 de Protección Civil de Bergondo  viñeron ata a nosa escola a amosarnos cousa interesantísimas sobre seguridade, Tráfico e Primeros Auxilios.
Faláronos da importancia do número 112, o número de EMERXENCIAS, dende onde nos mandan a axuda que precisemos cando temos unha situación grave, ou mesmo nos perdemos.
Amosáronnos cómo facer unha RCP: reanimación cardiopulmonar. 
¡¡Con unha canción!! 
¿Queredes vela?


Foi moi divertido e mesmo fixemos a nosa cos nosos bonecos, xa case que sabemos reanimar, ollade ben...



Esta é a maniobra axeitada



Trala teoría pasamos a ver a sorpresa que nos esperaba no exterior:
O CAMIÓN de BOMBEIROS
Nel levan materiais para todo tipo de emerxencias
Moi atentos estivemos...tanto que nos vestiron co traxe reglamentario, casco incluído.


Tamen falamos polo camión e fixemos sonar a serea e as alarmas



Por último¡¡¡puidemos entrenar coa mangueira para poder apagar incendios!!! Foi XENIAL








Moitísimas Grazas @s voluntari@s de Protección Civil de Bergondo pola visita, pola información, polo cariño con que nos trataron e, como non, polos diplomas e agasallos😁

E por se queredes aprender algunha cousiña máis sobre seguridade, tedes esta app da CRUZ VERMELLA, onde hai vídeos tan chulos coma estes: