Tres anos que pasaron voando n@s Cadradiñ@s, e aínda por riba o COVID roubounos uns meses xunt@s, e complicounos moito as apertas e a vida na aula. Pero aínda así... GRADUÁMONOS!!!
Maila todo iso, deunos tempo a ducias de festas, miles de ratos xuntos e divertidísimas experiencias únicas, aquí n@s Cadradiñ@s de Guísamo.
Para despedirme de tod@s vos e desta etapa taaan xenial e memorable, queda este vídeo que é unha escolma dalgúns dese momentos que sempre, sempre, sempre irán connosco onde queira que vaiamos.l
Aquí deixo tamén algunhas fotos do 22 de Xuño, Día da Graduación d@s Cadradiñ@s da Promoción 2018-2021. Tiveron ocasión de ver este vídeo e facer moitísimas cousas máis. Ollade que ben o pasamos ese día.
Decoramos as caixas de material
Tivemos unha videoconferencia de clausura de curso co resto de alumnado de CRA. Unha actuación de fin de curso na rede. E como era de agardar cantamos de MARABILLA!!!
e botelliñas dun mar de Cadrados das que non tivemos tempo de quitar ningunha foto.
@s Cadradiñ@s e familias sonche moi pillabáns e vede que sorpresa tan xenial fixeron cando íamos para casa. Con canción e todo.
Sen dúbida son @s mellores.
Dese momento tan emocionante son estas fotos.
🧡💛💚💙💜🤍
Pero aínda que @s graduad@s se fosen para as súas casas na procura dun merecidísimo descanso, a min aínda me quedaban máis sorpresas nestes últimos días como profe d@s Cadrad@s. No ultimísimo día de Xuño as miñas compañeiras e compañeiro agasalláronme un vídeo preciosísimo do que quero compartir un anaco. E é que nel saen @s cadradiñ@s dicindo unhas cousas que me "chiflaron" e cantando unha canción que teredes que xulgar vós mesm@s.
Inesquecible.
Grazas a Mónica García (profe da Biblio) que fixo as gravacións a a montaxe) e a María Rivera (profe de Música) por ensaiar os cánticos d@s meus peques...
Muchas gracias a Silvia y a todas las profes, una pena que que vayas, ahora te tocaba mi peque y estaba muy contenta contigo, pero bueno, sé feliz que lo mereces
ResponderEliminarPor cierto, soy la mamá de Arale, que veo que no sale ni nombre
ResponderEliminarsteroid satın al
ResponderEliminarheets
0UD
steroid satın al
ResponderEliminarheets
KD7