venres, 25 de novembro de 2011

DOUS CUMPLES CON MOITA MAXIA...

O resumo da semana daravos unha idea da MAXIA que temos no CRA de Bergondo...
Tivemos de invitado ao "Mago Antón", se queredes velo aquí vai un avance, pero haberá que esperar case ao fin da entrada para velo en acción..




O axudante o día da foto era HUGO que posa no taboeiro de axudantes da clase



Os encargados da semana foron NEREA, PAULA, ANTÓN e ARIANNA:




Os Castelos xa están rematados e, a verdade, quedaron moi, moi ben. Ollade.







 As casas quedaron moi aparentes e leváronnos moito traballo. 
E así nos emocionamos ao amosalas.









Tivemos dous cumples; o primeiro o de 
IÑAKI
Trouxo unha tarta deliciosa para compartir con todos. Ollade qué ben o pasamos:



E ao día seguinte o celebrou 
JAIRO,
que xa empezara a festa o fin de semana coa visita a unha actuación de maxia.E unha tarta de tres chocolates, mmm...



No medio de tanta festa aínda nos deu tempo de gravar a leria de MANOLIÑO que prometeramos  a semana pasada. E con coreografía e todo !!!



No taller de Mate voltou a máxia á escola.
 A profe EVA amosóuno uns truquiños.



E ANTÓN foi un alumno moi aplicado, vede. 
É o momento de desfrutar da actuación e dicir "ABRACADABRA"


¡Un superaplauso para todos os participantes!



2 comentarios:

  1. Este mago Antón coma sempre déixanos coa boca aberta coa súa simpatía e nobreza!!!!!
    Móitas felicidades!!!!
    A Nerea xa llas dimos en persoa....
    Bicos a toda a aula dos cadrados!!!

    ResponderEliminar
  2. ALUCINANTE!!!! Antón ten poderes! Pasádelo de medo eh...Parabens aos cumpleañeiros e dicirvos que me gustan moito os vosos castelos!! Aburiño!

    ResponderEliminar