venres, 18 de novembro de 2011

UNHA SEMANA CON CUMPLE

A esta semana non fumos quen de lle sacar todo o proveito que desexabamos.
O frío, a choiva, o vento, o que quera que fose non nos deixou concentrarnos como o viñamos facendo nestes últimos tempos. 
E que foi unha semana con moito movemento e pouca concentración.

Pero empezaremos polo primeiro: @s encargad@s 


HUGO, LUIZ, MIRIAM E BRAIS foron os encargados dos equipos...


No primeiro día da semana facemos memoria da semana anterior "refrescando" os nosos recordos co blogue da aula.



Aproveitamos para comentar o máis destacado.








E presentar o que imos facer na semana que comeza



Nestes cinco días ademáis dos traballos de trazos, letras, lectura, mate, ... aprendemos unha leria do tempo de Outono no que estamos:
 a de MANOLIÑO, que seguro que a moitos xa vola contaron...




Para a vindeira semana a saberemos tan ben que a gravaremos para que nos escoitedes.

Tamén comezamos a realizar os nosos propios castelos. Pero aínda os temos en obras...


CASTELOS NOS CADRADOS on PhotoPeach


e casas, tamén a medio construír... E que estamos dando os diversos tipos de vivenda e non damos rematado os traballos en plazo.




O encargado o día da foto foi ANTÓN:

A penúltima novidade da semana foi o CUMPLEANOS ou ANIVERSARIO de NEREA.
Que xa forma parte do clube dos de 5 .

Na casa preparou unha sorpresa estupenda para todos nós, e ademáis trouxo un reportaxe da elaboración das sobremesas que preparou.
Neste vídeo e co permiso da familia xuntamos as fotos coas da escola e así vemos o proceso completo.
Invitámosvos a desfrutar do Cumple de Nerea.



¡¡¡  Nere, Grazas e Felicidades !!!


Tivemos unha visita moi especial: A profe ASUN veunos visitar e a pasar connosco un ratiño. Contámoslle moitas cousas e ela tamén a nós.






¡¡¡GRAZAS POLA TÚA VISITA,
ASUN!!!





2 comentarios:

  1. Bos días a tod@s, son Sonia a nai de Nere, quería felicitarvos polo traballo tan ben feito que @s profes nos van amosando cada semana por esta pequena fiestra.
    Esta semana foi especial para a nosa familia, grazas por este video tan fermoso, onte estivemos celebrando coa familia e Nere estaba moi orgullosa ensinando as bisas, avos, tios... a súa clase, os seus amigos, e como alí tamén celebrara a súa festa.

    Moitas grazas por todo e un bico moi forte.

    CHAOOO

    ResponderEliminar
  2. Parabens Nerea! Esa tarta e esas galletas tiñan unha pinta...BOÍSIMA!!!
    Por certo...esa leria é ben divertida! Ímola apuntar para cando sexamos coma vos de grandes tamén aprendela e pasalo en grande con ela! Bicos cadradiños!

    ResponderEliminar