sábado, 12 de novembro de 2011

DOCE SEMANA A DOS CADRADOS

Nesta semana movímonos entre galletas, castañas e bruxas
Sí, houbo un pouquiño de todo.
Como sempre, para empezar presentamos @s encargad@s :


JORGE, ALEX, THEO e ALBA, que posaron así de "naturales" para a reportaxe da semana.


Como somos uns valentes, atrevémonos a debuxar o noso autorretrato e quedamos así de guap@s:


A vindeira semana detallaremos máis as fotos para que se vexan os nomes, así mantemos o misterio un pouquiño máis...

No TALLER DE MATE, coa profe EVA, traballamos os conceptos grande, mediano e pequeno; as cores, as series e o ritmo de lectura. 
Vede con qué atención.




Na clase de MÚSICA coa profe MARÍA, preparamos un baile das Castañas.

 Ollade os resultados no seguinte vídeo:


Sen palabras, ¿non sí?
Pero non rematan aquí as tarefas dos cadrados esta semana: aínda tiñamos que levar para a casa unhas bruxas moi feitiñas , e que se vían deste xeito nas ventás da clase:



E para seguir coa mesma historia, na clase de INGLÉS, a profe COVA leunos un conto superdivertido traído de Londres a Bergondo. A historia titúlase " ROOM OF THE BROOM".



Ela nola contou neste xeito tan gracioso. Escoitade o vídeo con atención 
(que o son non é bon).




Se o queres escoitar enteiro pódelo facer neste outro vídeo, feito con plastilina...


Con Cova fixemos tamén estas Witches tan chulas, ¿ a que nos quedaron ben ?


Estreamos rotuladores novos de punta mediana para traballiños de "precisión", vede que chulos son e cantísimos matices de cor lle dan aos noso debuxos:




A hora da merenda é un momento moi, moi desexado na clase dos cadrados, vede...


Sobre todo cando nos convidan os compañeiros a saborear as suculentas receitas que preparan nas súas casas.
DANI demostrounos que é un reposteiro excelente:


Ollade que galletas máis saborosas e bonitas fixo coa súa familia.

Convidounos a tod@s a probalas e alguns ata repetiron, bueno, repetimos.
Agora só nos fai falla coñecer a receita.





¡Moitas Grazas por compartir, Dani!

Coa profe Isa, na hora do conto fixemos algo especial. Falamos do millo, mainzo ou maiz 


e, como ISA é de palabra trouxonos palomitas que levamos para a casa. 

LUIZ tamén quixo aportar o seu gran de area e contounos, ao seu xeito a receita de palomitas que di él que fai.
 ( Ainda que non aseguramos o bo resultado da mesma, claro).



Para rematar 3 avisos:

1. Xa preguntou unha mamá polas carpetas  que se levaron @s nen@s.
Son para que queden na casa e metan nelas os traballos que vos imos ir mandando, como xa lles explicara @s cativ@s. 

2. Non vos olvides do Concurso de Mascotas para a BIBLIOTECA. Estamos desexando ver os vosos deseños.
Podedes consultar as bases facendo clic AQUÍ

3. Animámosvos a facervos seguidores do noso blogue e a engadir comentarios, @s nen@s vailles facer moita ilusión ver que participades activamente connosco na Escola.


Vémonos voando ...


3 comentarios:

  1. Vaia maneira de traballar, eh, cadradiños!! Pero tamén sodes un pouco lambonciños, mmmmm que apetecibles esas galletas!! En realidade no noso CRA, quen máis quen menos... somos bastante larpeiros! Bicos dos silvosiños.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo ben que traballastes, pero Cheeky pregunta se non quedou algunha galletiña das de Dani para el. Bicos: Cova e Cheeky.

    ResponderEliminar
  3. Ola cadradiños/as de Guísamo! Que non se diga que non traballades...MAMMA MÍA! Esas galletas...teñen unha pinta...boísima! E a receita das palomitas que da LUIZ...non sei se atreverme a facela...Noraboa por ser tan responsables e traballadoriños! Bicos das Bolboretiñas de Carrio!

    ResponderEliminar