Non podía faltar nos océanos un dos animais máis comúns nos ceos deste planeta azul:
A GAIVOTA
A GAIVOTA que temos en Galicia é a GAIVOTA PATIAMARELA
Seguro que adiviñas por que...
A GAIVOTA é un AVE. Sabes o que é iso? Cóntancho aquí estupendamente:
Nesta páxina chamada PANDEANIMALES atoparás moitísimas cousas sobre as gaivotas: como son as súas crías, que comen, como é o seu carácter...
Ás GAIVOTAS encántalles estar en grupo; sempre están xuntas preto das praias, lagos, portos... Tamen devecen por comer calquera cousa das que comemos as persoas. Por iso NON debes darlle comida ás gaivotas: non distinguen se che sobra ou o necesitas, asi que tentarán achegarase a ti para coller máis. Ou igual invitan a algunhas amigas... It's not funny! Non che faría graza ningunha.
Non o esquezas, nada de comida...NON SON PARRULOS!!
Van tan xuntas que son difíciles de distinguir. A ver se eres quen de atopar entre todas estas as que son iguais á do modelo. Sorte!!

Aquí van 30 curiosidades máis sobre estas aves:
As GAIVOTAS actuaron en varias películas que coñeces, sabes cal é esta?
Estoutra é un pouco toleirona, verdade?
Bueno, bueno, nós sabemos as cousas un pouco mellor que esta GAIVOTA. Por exemplo, a nós dásenos estupendo o CONTEO. Propóñovos un xogo de mate para contar e repartir que ten moito que ver con este animal.
Precisas unha gaivota (se queres), que podes debuxar ou facer tí mesmo, unha oveira e ovos, tapóns, fabas, boliñas de algodón, xel ou o que queiras usar para colocar nos ocos... Só tes que tirar DOUS dados e poñer tantas unidades como che toque en sorte. Así me quedou a mín.
Podes poñer as de cada dado nunha fila e sumalas ou poñelas seguidas. Hai moitísimas posibilidades!! Se queres anotar as tiradas e resultados podes rexistralas aquí...
Queres facer a túa propia GAIVOTA? Este modelo é sinxelo, verás...O imprimes e montas como o de abaixo. Se o fas en cartolina aínda mellor.
Antes de irnos e para facernos pensar un anaquiño, queda este conto que trata sobre axudar e ser axudad@. Que pensas que debería facer a gaivota? E o home?
Se tedes tempo invítovos a que vaiades vendo este vídeo que vos levará ata as ILLAS SISARGAS, meu sitio favorito do mundo (ou casi)💗🌍. Está en Malpica de Bergantiños. Estas illas son supersalvaxes e Zona de Especial protección para as aves (ZEPA).Por iso atoparedes milleiros de gaivotas, que forman enormes colonias. Pero non só son importantes e fermosas por iso. Botade unha ollada ó seu fondo mariño.
Un océano supervivo!!🌊💗🦀🦐🐡🐟🐙🦞🦑
Queda o PADLET para botarlle unha ollada.
da 394 ata a 400

Tamén está a posibilidade de facelo por pezas como nestas de aquí...
Se che apetece, podes IMPRIMIR unha máscara e ser ti a gaivota.
Ou coloreala online.
Antes de irnos e para facernos pensar un anaquiño, queda este conto que trata sobre axudar e ser axudad@. Que pensas que debería facer a gaivota? E o home?
Se tedes tempo invítovos a que vaiades vendo este vídeo que vos levará ata as ILLAS SISARGAS, meu sitio favorito do mundo (ou casi)💗🌍. Está en Malpica de Bergantiños. Estas illas son supersalvaxes e Zona de Especial protección para as aves (ZEPA).Por iso atoparedes milleiros de gaivotas, que forman enormes colonias. Pero non só son importantes e fermosas por iso. Botade unha ollada ó seu fondo mariño.
Un océano supervivo!!🌊💗🦀🦐🐡🐟🐙🦞🦑
Queda o PADLET para botarlle unha ollada.
da 394 ata a 400
Ningún comentario:
Publicar un comentario