Con este tempo revolto toca quedar na casa. O tempo pasa un pouco aburrido, ás veces semella que sentamos no sofá e este tira de nós para que non nos levantemos!!
Parece que tivera un imán!!
Pois diso nada. A poñerse en marcha: comeza a festa do MAGNETISMO.
Comezamos por un crebacabezas, quizais? Pois claro, marchando!!
Imos ver que é iso do MAGNETISMO, que seguro que xa te está a intrigar...
Nesta ocasión imos experimentar con imáns. Seguro que tes algún pola casa adiante. Na neveira, na pizarra do teu cuarto... Pide consello ós maiores, porque non debes achegar os imáns ós móbiles, brúxulas, tablets, DVDs ou aparatos de música.
Lembra que os imáns teñen un POLO NORTE MAGNÉTICO e un POLO SUR MAGNÉTICO. Teñen uns campos de atracción moi fortes. No medio apenas teñen forza de atraer ou repeler cousa algunha. É a liña neutra.
E ti, tes algún a man? Colleo e mírao ben. Igual é redondo e entón ten unha cara norte e outra sur. Non perdas o seguinte vídeo para saber algo máis. É un pouco difícil, pero seguro que aprenderás cousas.
Cantas cousas pensas que hai na túa casa que levan imáns? O da neveira xa cho din no vídeo, pero, onde mais? Busca e pregunta na casa. De seguro levas máis dunha agradable sorpresa.
Depende dos que teñas podes facer diferentes experimentos. Podes escoller un ou todos. E inventar os que ti queras!!
1️⃣🧲 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲OS TAPÓNS MÁIS LISTOS DO MUNDO🧲🧲
Para este experimento precisamos só de IMÁNS iguais e 9 tapóns de botellas. Un barreño ou recipiente con auga. Redondo, cadrado ou como ti teñas. Aproveitamos para reutilizar os tapóns, que iso das 3Rs xa o sabemos facer!!🌿🌍♻ R-R-Reciclamos ♻🌍🌿
Pegamos nos tapóns os imáns, con coidadiño de que estéan todos co polo norte cara o mesmo lado. (É sinxelo de ver, porque se poñen en filiña un enriba doutro, se atraen.)Se tes imáns como estes da foto xa o podes facer directamente. Ollo, que teslle que dar a volta!! Serán como barquiños...
Logo tes que soltalos amodiño, un a un na tina de auga. Verás qué ocorre. Non queres esperar? Pois mira o video.
Parece MAXIA!! Pero xa sabemos que é ciencia, verdade? Agora, cando realices teu experimento podes recoller a información nesta folla. Nesta ocasión a ficha é un pouco distinta das outras. Terás que recoller os DATOS como número de tapóns, nº de imáns, tipo de recipiente...UAUUU! Cantas cousas.
Se escolleches un recipiente rectangular ou cadradiño, usa esta ficha para rexistrar as formas que fixeron os tapóns ao flotar na auga...
Detrás debuxa con quen o fixeches e todo o que che pareza importante para lembrar deste experimento.
Se usaches unha tina circular emprega mellor esta outra folla para rexistrar os resultados:
2️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 INVESTIGANDO O MAGNETISMO🧲🧲🧲
Imaxe de https://www.prekinders.com/magnets/ |
Que tal se investigas as pequenas cousas que tes pola casa para ver se os imáns as atraen ou non? Busca cousas pequenas como algodón, porquetas, clips, moedas, bonecos, imperdibles,chaves, cunchas...
Aquí ves imaxes de diversos mateirais que podes usar.
Para ser un/ha b@ científic@ primeiro tes que facer unha HIPÓTESE: é dicir, intentar "adiviñar" o que vai pasar baseándote no que xa sabes. Lembras cando falabamos no terceiro experimento de se a auga era máis ou menos densa que o aceite? Pois eso.
REMUIÑOS DE AUGA!! Mércores da Ciencia 3º Experimento
Pensa que pasará con cada unha das cousas que vas a poñer preto de teu imán. E ponte máns á obra para comprobar se o que pensabas é o que en realidade ocorre.Imaxe de https://www.prekinders.com/magnets/ |
Apunta os resultados nesta folla de rexistro. A ver se atopas alo menos 5 de cada!! Deixote un exemplo en cada lado.
3️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 XOGANDO na auga con IMÁNS🧲🧲🧲🧲🧲
Hora de Xogar!!
Os AXOUXERES interactuando con imáns son superdivertidos. Podes metelos nunha botella de plástico transparente e achegarlles o imán para que sucede. Obedecen ó movemento do imán? E soan?
E que sucede se engadimos auga á botella? Flotan, afúndense, soan? Seguen obedecendo ó imán?
Podes facer o mesmo con CLIPS, moedas, arandelas, anacos de limpapipas...a ver qué o ocorre.
con e sen auga...
Podes recoller os resultados aquí:
Neste caso precisas de 2 imáns. Mellor pega un imán a un pau, culler de pau, etc, porque precisas que se poida mover lonxe da túa man. Necesitas tamén un prato de cartón ou cartulina. Debuxa o teu propio espazo exterior. Bótalle un ollo ó PADLET: "A ESCOLA DAS GALAXIAS" do ano pasado se queres ideas. E non esquezas debuxar a nave espacial e pegarlle o outro imán!!
Podes ver a experiencia completa aquí:
foto de https://lalymom.com/3-christmas-activities-kids-jingle-bells-fun/ |
foto de https://frugalfun4boys.com/preschool-play-with-magnets-and-pipe-cleaners/ |
Podes recoller os resultados aquí:
4️⃣ 🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 XOGANDO no ESPAZO🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲
Neste caso precisas de 2 imáns. Mellor pega un imán a un pau, culler de pau, etc, porque precisas que se poida mover lonxe da túa man. Necesitas tamén un prato de cartón ou cartulina. Debuxa o teu propio espazo exterior. Bótalle un ollo ó PADLET: "A ESCOLA DAS GALAXIAS" do ano pasado se queres ideas. E non esquezas debuxar a nave espacial e pegarlle o outro imán!!
Imaxe de https://mamiexperimentos.com/experimentos-cientificos/primaria/descubriendo-el-espacio-ciencia-con-imanes/ |
Seguro que a tí se che ocorren outras paisaxes: Unha selva e os seus animais? Unha estrada e un coche/tractor? Un mar con icebergs e unha balea? Hai milleiros de posibilidades!
Aínda tes tempo para outra variante de imáns?
5️⃣🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲 ARTE CON IMÁNS🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲🧲
Que che parece se experimentas a ARTE axudad@ polo imáns? Podes facer as variantes que ti queiras. Aquí che propoñen usar todos estes recursos. Ou os que ti teñas:
A páxina está en Inglés, pero vemos en calquer idioma, non sí?
Podes utilizar o mesmo imán con pau da actividade anterior, ou facer un novo. Tamén metelo dentro dunha lata para que a imante enteira e poder "pegar" máis cousas.
Verás que DIVERTIDÍSIMAS cousas che saen.
Preme nas imaxes para ir á páxina. |
Podes usar a ficha do apartado 3️⃣ para debuxar os teus resultados.
E tí, cantos dos experimentos vas probar? E cantos inventarás?
Non te vaias sen escoitar a canción dos imáns.
E se lle damos unha alegría á profe Cova e o vemos tamén en English? Why not? Vai ser ben divertido.
How happy I am with you!!! Thanks for this funny song, a big hug Silvia and "Little squares!
ResponderEliminarGracísimas, Cova!! Tí si que sabes dar ánimos! Aquí nos "Little squares" querémoste un montón!! Missing you...
Eliminarsteroid satın al
ResponderEliminarheets
JKOLVG
steroid satın al
ResponderEliminarheets
VYH7
diyarbakır
ResponderEliminardüzce
edirne
elazığ
erzincan
Mİ77İ
erzurum
ResponderEliminareskişehir
giresun
gümüşhane
hakkari
UPX2Z