Novo mes e nova semana. Esto vai de estrea total!!
Xa estamos en -X-UÑO, que van sempre con moita ilusión,sardñas, praia e celebracións de todo tipo.
Pois empezamos con bo pe e preparando a mente con ese crebacabezas. Ollo que xa non é tan doado, ou para ti sí?
Outra cousa que nos trae XUÑO é unhas letras superespeciais. Imos empezar por esa que usamos para tachar ou riscar: o -X-. A letra misteriosa. Aquí encántanos esta letra, por que pode xirar sobre sí mesma e dar voltas, poñerse patas abaixo e sempre se pode ler igual. Que cousa máis especial, verdade?
En galego chamamos a moitas cousas con nomes que comezan por -X- e soan superdivertidas, verás como as coñeces:
Serás quen de resolver esta ficha interactiva ?
A letra X, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com
liveworksheets.com
E aquí, cantas podes atopar?
Seguro que xa sabes copiar os nomes destas palabras sin problema. Despois debúxaos detrás e intenta poñerlles os nomes.. Di amodiño cada unha e che será máis doado de facer. Non pasa nada se non che saen todas as letras. A tod@s nos ocorre de cando en vez.
Non todo vai ser traballar, así que é momento de escoitar este conto da XOANIÑA ROSMONA de Eric Clarle que tan divertido é:
Estas xoaniñas como son cando se poñen, a que sí? Ás veces a nós tamén nos pasa. E ti, cando rosmas? Podes decuxarte ou poñer a tua cara enriba da do cadradiño e escribir-con axuda- o que che fai rosmar.
o faino nesta ficha que che cabe mellor...
Teño por aquí unha canción con baile dunha creadora da que xa coñecedes moitas cousas e cancións que vos aprendeu a profe María., chámase SUSA HERRERA. Propóñovos escoitar esta que vai sobre unha Xoaniña moi salerosa.
o faino nesta ficha que che cabe mellor...
Teño por aquí unha canción con baile dunha creadora da que xa coñecedes moitas cousas e cancións que vos aprendeu a profe María., chámase SUSA HERRERA. Propóñovos escoitar esta que vai sobre unha Xoaniña moi salerosa.
Se queres facer a túa propia xoaniña para aumentar esa colección de animais de manualidades que tes podes escoller unha destas, duas, ou todas. Hainas de comer, de reciclaxe, de reutilización...Son chulas, chulas...
E antes de nos marchar aproveito para lembrarvos a esta xoaniña que viamos de cando en vez na clase e que sempre nos fai tantísima graza. Acórdaste dela? SEGUROOOO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario