mércores, 13 de maio de 2020

🧪📰🌻🌿PAPEL CON SEMENTES!!🌿📰🌻🧪. MERCORES DA CIENCIA 11

EXTRA, EXTRA!!!
Acaba de nacer 👶 un periódico moi especial📰. Un periódico con noticias da propia escola de Guísamo. Nel poderemos atopar as nosas historias e outras moi alleas moi interesantes.



Neste primeiro exemplar de tres páxinas podemos ler unha entrevista ó patio e na sección de historia a lembranza do noso primeiro experimento. Pero esto non queda aquí. Na terceira páxina atoparás unha mensaxe de futuro. Podes botarlle unha ollada con calma na imaxe de abaixo. Se queres velo en grande preme no medio da pantalla. (FULLSCREEN di)



E se fas unha pequena tarefa antes de poñerte co experimento·?




Se estivéchedes ben atentos, di que temos un recadiño do noso patio; nos deixa un traballiño moi especial. COIDARNOS e COIDAR a nosa contorna. E iso cómo se fará? bota unha ollada a esto...

🎵..."tienes que ayudarnos a que acaben la basura, las maldades contra la madre Naturaleza...
Ven a cantar, a querer, a empezar de nuevo..."🎵
Pois aló imos!! 
Empezaremos por non tirar máis periódicos nin papeis ó lixo.Este que limos é dixital, pero os de papel imos usalos para plantar novas plantas no noso planeta. Ou polo menos para non acabar con máis plantas. Ademáis vainos quedar xenial, xa verás...
Imos facer PAPEL RECICLADO con sementes incluídas!!
Non precisas batidora, sólo PACIENCIA e estes dous ou tres ingredientes:

Para poder argallar e remexer é mellor que uses estes aparellos variados:


Podes usar calquera dos que teñades por casa.  Sómentes nos faltarían as cousas de adornar e o máis importante: as sementes: de cosmos, tagetes, guisantes de olor, bocas de dragón... os que teñades ou queirades. Podense poñer tamén follas e flores de romeiro, lavanda, orégano, e calquera outra que se vos ocurra. E colorante alimentario se queredes, claro.


Agora que está todo listo, podemos empezar:
  • PASO 1. Cortamos as follas de papel ou periódico mooooi miudiño. Primeiro en tirillas con tesoiras ou rasgando. O que máis che apeteza. O caso e entrenar unhas mans áxiles e pasalo ben.
  • PASO 2Se o cortamos agora no outro sentido axiña teremos CADRADIÑOS pequeniños 


  • PASO 3. Cando teñas unha morea deles xa podes pasar á seguinte fase.
  • PASO 4. Pon auga morniña na cunca e remexe os papeliños un anaco. Cómo están: duros, blandos, mollanse  todos igual?


Unha ficha de rexistro non viría mal agora, verdade? Anota para non te esquecer do que estás a facer.
Xa sabes que se queres poñelo ti todo tes esta versión:



  • PASO 5.Agora toca ESPERAR, que non é pouco, case 24 horas!!! E mañá veremos qué ocorre. Cres que todos  os papeis estarán igual? Por qué?



  • PASO 6.  Cómo ves o papel agora? Cómo está? O tocaches? Agora xa podes baleirar o auga enriba dunha peneira ou unha bandexa de rede ou simplemente con coidado e unha tapa de pota.

  • PASO 7.. Este é o momento de volver a amasar, beliscar, retorer e remexer o papel. Non deixes ningún anaquiño enteiro. Estas a facer PULPA de PAPEL!! Se aínda che quedou moi gordo e ves al letras, proba a deixalo en remollo outro día en auga morniña e volta á fase 4. Se non, xa podes pasar ó paso 8. Un gran paso. 
  • PASO 8. Toca  volver escurrir e comezar a secar. Podes poñer a masa entre dúas toallas e apretar ou na peneira para esmagala. Logo coloca a pasta sobre a bandexa de plástico e prepárate a mesturar e estirar. Este é o momento de separar un anaquiño de pasta para engadirlle colorante.






















É un bo momento para rexistrar tooodo o que xa fixeches.


  • PASO 9. Engadidos todos os ingredientes só queda esperar: Dependendo do groso que o fixeras terás que agardar poucas  horas ou ata varios días. Namentres pensa qué vas dibuxar e a quen lle vas a regalar un anaquiño para que plante ese papel nunha maceta.
  • PASO 10. Toca a folla e se xa está seca sepáraa con coidado e a adornar!! Xa tes o teu propio papel!! Recorta, colorea...Disfruta!! Nos polo de agora fixemos etiquetas, marcapáxinas e carteis, para agasallar @s av@s cando os poidamos ir visitar. E tí, que tes pensado facer?
 



Podes rematalo conesta folla de rexistro e terás o teu experimento de celulosa rematado. Cun papel reciclado e que podes plantar!!!


 Hai outras variantes máis rápidas pero teríades que usar batidora e outros trebellos. Déixovos os vídeos por se queredes escoller esa opción:



E con  sementes no blogue experciencia:

Experimento_papel_semillas-filtrado

 Pero non te vaias sen xogar un pouquiño, que este crebacabezas faise nun periquete...



E mañá máis recusos para axudar ó PLANETA.



Non esquezas pasar polo PADLET.

actividades 242 a 248

Ningún comentario:

Publicar un comentario