mércores, 6 de maio de 2020

🌈👵ARCO DA VELLA 👵🌈🧪MÉRCORES DA CIENCIA 10🧪

Todos estes días de quedar na casa vense por todas partes 🌈Arcos da Vella 🌈, asi que como nos gusta tanto experimentar imos facer un arco da vella nun frasco e na nosa casa para experimentar coas  densidades

Podes facer o crebacabezas para lembrar cómo é a orde das cores que che vai quedar...



Antes de nada os INGREDIENTES: Desta volta hai que ter coidadiño, por que un deles é un pouco perigroso é o ALCOL ou ALCOHOL, que pode queimar, así que tedes que estar moi atentos ó que vos din OS ADULTOS.
Aqui os tedes:


Suuuuperatent@s temos que estar, porque a orde é importantísima para que nos saia ben. E facelo con mooooita calma, como se fósemos o Monstro de cores co modo 💚verde activado. Atentísim@ a este vídeo...


Bueno, bueno. Impresionante, a que si!! Tes que ter paciencia e non remexer. Nuns minutos queda moi marcada a liña de separación.  
E agora toca coller o lápiz. Como bo@ científic@ deberás encher a FOLLA de REXISTRO do Experimento. Neste caso como ten tantos ingredientes, mellor a faremos e dúas partes, verás:

parte 1
ou se prefires debuxalo ti...

parte un para debuxar
Desta volt pola parte de atrás podes debuxar o que pasou e con quen o fixeches (debuxo e nome)

parte traseira 

Esto das densidades é algo que xa vimos nun dos promeiros experimentos. Ainda estabamos no cole!!
Acordaste? 

REMUIÑOS DE AUGA!! Mércores da Ciencia 3º Experimento

e nel víamos que a densidade é unha medida de canto material se atopa comprimido nun espacio determinado.


Pero este 🌈ARCO DA VELLA 🌈non só é un experimento bonito, senon que agora que o tes todo preparado podes experimentar con diferentes obxectos para ver canto flotan e en cal capa quedan. 
Xogando coas diferentes densidades dos líquidos e o pesos dos obxetos que imos colocar dentro.
Anímaste? Veña, imos cara a segunda parte do experimento.
Podes buscar estes materiais ou algo similar para investigar..
FLOTARÁN OU AFUNDIRANSE? 🔎 🕵️‍♀️🕵️‍♂️



Verás como o fai este científico. Él só unsa tres densidades, pero nos temos CINCO!!! A ver que sucede...


Agora, anímate a probar ti cos materiais que vos propuxen. Que che parecería rexistrar os teus achádegos...Pos aquí queda unha ficha de rexistro...

Se prefires completala toda ti. Usa este modelo...

Cal foi o líquido no que máis obxectos quedaron? Cantos? Cal no que menos? Cantos foron? Serás capaz de dicir cal é a diferencia entre o que máis quedaron e os que menos? Encantaríame que o mandases ao correo e puidesemos compartir e comparar resultados!!
Pero antes de irte propóñote  unha manualidade moi sinxela con pintura de témpera. Lembras a bolboreta de esponxa? Pois porqué non te animas a facelo cun 🌈ARCO DA VELLA 🌈
É dun blogue que se chama Montesori Mami




Antes de irte deberías escoitar esta canción, e que con estes "arcoiris" está claro que TODO SAIRÁ BEN. Vaite ENCANTAR!!



Non esquezas npasar polo PADLET, nesta ocasión ataparás un xogo máxico coas moedas e o 🌈👵ARCO DA VELLA 👵🌈 como protagonistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario