martes, 19 de maio de 2020

💙🌍COIDANDO O PLANETA🌍💙Contenedor azul

Aquí seguimos aprendendo a coidar o Planeta. Hoxe imos aprender máis cousas do CONTENEDOR AZUL. Seguro que o tes visto preto da túa casa. Pero qué é o que lle podemos colocar dentro para RECICLAR? Mira atentamenta a imaxe e darate boas pistas...


Seguro que xa o tes. Fai o crebacabezas mentras intentas recordar os dos tipos de cousas que leva dentro.



Dominado!! Ou iso parece, pero...podes meter o envase de cartón do zume 🍑🍍dentro?
 E os cueiros dos peques👶? Isto cho aclarará:
 Pois imos practicar un pouco a ver se xa sabemos colocar as cousas no sitio...


Que ben o fas!! Anímaate a facer un esforciño máis? Pois colle o lápiz  e adiante con esta ficha de clasificar, contar, sumar...Imprime e por detrás e  tenta escribir o nome de dous envases de cada tipo de contenedor. Debúxaos tan ben como che saia!! Ou se prefires debuxa os obxectos que faltan no contenedor que menos ten para igualar os contenedores e que teñan o mesmo número.


Se prefires facelo de xeito dixital aquí a tes. PREME AQUÍ OU NA FICHA para comezar



Agora para reforzar todo o que xa sabes deste contenedor fai un un MEMORY. Parecen que é doado pero é para mentes moi atentas...

Agarda un minutiño!! Non queres poñer en práctica o que xa sabes? Anímate a facer este xogo que seguro que o sabes case todo. Senón, non pasa nada porque aprenderás aínda máis!!!


Oes, non esquezas pasar polo noso PADLET. Seguro que atopas algunha cousiña máis.
actividades 262 a 268

Ningún comentario:

Publicar un comentario