venres, 22 de maio de 2020

🔘🌍 COIDANDO O PLANETA 🌍🔘Contenedor GRIS

Rematamos a semana e a último cor, polo de agora. ë o contenedor de cor GRIS. Pero que levará dentro? Mira atentamente ó gif de abaixo e che dará unhas pistas.
Iconas interiores diseñados por Freepik from www.flaticon.es

E un contenedor de RESTOS, de cousas que NON se poden RECICLAR.



Podes levar a este contenedor moitos dos materiais que non podes reciclar. Esto nos contan na empresa ECOEMBES, que é onde atopamos a meirande parte da información.




 Claro, non todo se pode tirar ao lixo. E que hai cousas tan perigosa para o planeta 🌍 que precisan de ir a un sitio especial chamado PUNTO LIMPO.
No Concello de Bergondo hai un PUNTO LIMPO na parroquia de Lubre
Sóache Lubre, verdade? e que temos compañeir@s do CRA na Escola de Lubre, claro!! 


Bueno, bueno, bueno...Xa sabes case todo sobre o que se pode saber sobre a reciclaxe e os contenedores para os teus anos. O certo e que xa empezaramos a aprender e practicar reciclaxe fai moito tempo. Vos lembrades cando a profe ADA nos deixou as papeleras de cores para dividir os residuos que xerabamos na clase? Parece que foi onte, pero foi antes do Nadal!! 

E aínda a botamos de menos, a que sí?😘🌈 Seguro que o vindeiro ano volta a visitarnos un montón!!
Pero non os poñamos morriñentos, que tanta emoción e atención que tivestedes toda esta semana merece unha recompensa.
Que che parece unhas láminas de RECICLAXE para lles dar cor? 

Nesta só terás que colorear o mundo do reciclaxe como máis che apeteza. Limpo e brillante, iso sí...
Antes de darlle cor á seguinte, fai un recadiño. Tes que debuxar dous residuos RECICLABLES a cada lado destes tres amigos. Cantos serán en total? Claro que o sabes!!





Esta ficha é moi difícil. Tes que estar superatentísim@ para resolvela, porque ten un pouco de todo. Presta moita atencion, que é todo un desafío. Parece de 6 anos!!




Nós só "estudiamos" 4 contenedores, pero pronto se engadirá un contenedor máis. 
Será de cor MARRÓN e servirá  para tirar os restos de comidas!! Teremos 5 diferentes!

Isleta con contenedores de cinco colores adaptados a las exigencias europeas en Arteixo.

Caramba, despois deste esforzo mereces uns xogos na rede, a que sí? Pois  xoguemos á reciclaxe!!


E agora,a demostrar a túa velocidade recollendo os resíduos e axudando ó contenedor a limpar a contorna. Rápido, que está moi atarefado!!!


Antes de despedirnos, deixovos aquí moitísimos xogos de lápiz e papel de ECOEMBES .Só tes que premer na imaxe. Por se tedes tempo e ganas a fin de semana.

 E non esquezades pasar polo PADLET!!:
da 283 ata a 289




Ningún comentario:

Publicar un comentario