Hoxe á o DÍA INTERNACIONAL do XOGO, así que imos xogar a xogar !!!!
Este día é tan, tan especial que che propoño xa o primeiro xogo de hoxe:1️⃣ DISFRÁZATE !! antes de seguir lendo.
Non fai falla que sexa un traxe completo, podes usar unha gorra, unha diadema de orellas, a capa de superheroe/superheroína, unha máscara ou que ti queiras.
🦸♀️🦸♂️
Agora que xa estás vestid@ para a ocasión, adiante. Un crebacabezas que é ximnasia para o cerebro!!
O xogo é un dereito de todalas nenas e nenos do mundo. Con él aprendemos a nosa cultura, espabila a nosa imaxinación e o nosos músculos, danos risas, matemáticas, música, arte... e amig@s. Que máis se lle pode pedir? pois es, xogar máis.
- Como estamos na semana de África, que vos parece comezar por uns xogos africanos? Propóñovos este: 2️⃣
Podes ver máis premendo na imaxe de abaixo:
no blogue anaismammabear |
- Que cousas máis divertidas fan @s nen@s de África. Tamén nós temos xogos populares moi chulos... Escolle un dos que verás a contiuación 3️⃣ :
MARIOLA OU "RAYUELA"
A mariola ou peletre é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.
Olla este vídeo para ver cómo se xoga. Ainda que ten publicidade, está moi ben explicadiño. Os teus pais poden paralo cando queran 😉
Agora lle toca ó CHOCO-LALA
No vídeo o explican estupendo. Axudarate a traballar a memoria e a coordinación. E sobre todo a pasalo xenial!! Lembra parar cando termine o xogo. Non necesitas velo enteiro.
- Que tal agora uns xogos 4️⃣ ou de taboeiro? Noutra entrada xa falamos da OCA, agora invitámoste a probar tamén o PARCHÍS Seguro que tes un moi semellante a este na casa:
Comeza o xogo o que saque o número máis alto ou o primeiro que saque un cinco. Cas catro fichas na casa (onde se inicia o xogo) o primeiro cinco permite sacar dúas fichas ao taboleiro de xogo. Se sae un seis no dado cóntase coas fichas e vólvese tirar. Se saen tres seises seguidos a última ficha que foi movida ten que volver á posición inicial do xogo, a casa. Se ao mover ficha cae nunha cuadrículas ocupada que non sexa o seguro a ficha que alí estaba está morta e debe volver á casa da súa cor
Para non levar só media ducia de xogos antes de descansar deixote o último tipo de xogo que podes facer hoxe. Xa o coñeces, pero nos da sempre moita "vidilla". Son os xogos educativos en rede. Non hai dia que non te rescomende un7️⃣ Hoxe vai este de animais .Hai que estar ben atent@, e ter coidado. Só debes coller da especie que che dín!!!
E xa sabes que hai milleiros de xogos inventados e milleiros de tipos más. Pero aínda faltan os que ti inventarás.
Así que, máns ó xogo ...
🎨🎈✨🎵🛶🌈
E se che cadra, pasa polo PADLET que algo novo atoparás
do 314 ata o 320
- Toca outro xogo de mesa: xogo de cartas.5️⃣Seguro que na casa coñecen un montón. Sirve calquera que che amosen. Quizais este non o coñezan , pero é moi da selva:
A Xungla no teu salón
Para este xogo precisarás una baralla de cartas e algún tapons, legumes, ficha, canicas...o que ti prefiras para contar. Cada xogador elixe o son dun animal distinto. Unha vez decidido repartiredes as cartas unha a unha. Cando dous xogadores teñan naipes iguais –dúas sotas, dous setes ou dous ases– cada un deles terá que facer o son do contrario. O que o faga antes colle un tapón ou ficha ó outro. Gañará o que máis tapóns teña cando non queden máis cartas .
- Case rematamos. É o turno dun xogo de AUGA!! 6️⃣Con esta calor que vai, tiña que ser. Podes o das pompas que che propuxemos os pasados mércores
🌈✨🧪INVASIÓN de BURBULLAS🧪✨🌈
ou ben animarte a probar algún destes que che propoño , como esta batalla de barcos.
Preme na imaxe para ver máis.
A verdade e que os xogos que máis nos gustan son bañarnos na praia e na piscina sin hora de saída, a que sí?Para non levar só media ducia de xogos antes de descansar deixote o último tipo de xogo que podes facer hoxe. Xa o coñeces, pero nos da sempre moita "vidilla". Son os xogos educativos en rede. Non hai dia que non te rescomende un7️⃣ Hoxe vai este de animais .Hai que estar ben atent@, e ter coidado. Só debes coller da especie que che dín!!!
Así que, máns ó xogo ...
🎨🎈✨🎵🛶🌈
E se che cadra, pasa polo PADLET que algo novo atoparás
do 314 ata o 320
Ningún comentario:
Publicar un comentario