Que tal che foi o experimento de onte? Quedouche un fermoso 🌈ARCO DA VELLA 🌈?Ás veces non sae ben á primeira, pero podemos tentalo de novo. Hoxe imos traballar cun conto que ten moito que ver co 🌈ARCO DA VELLA 🌈 ou ARCOIRIS como se di en castelán. E tamén cun pez moooi especial. É o conto favorito dun de vos, e a min encánteme. Que pistas vos podería dar?
O coñecedes? Ah, sí!! Que non? Este crebacabezas ten a solución...
Temos probas de que vos gusta!!
Por se queres lelo ó teu ritmo...
Lembras os PICTOGRAMAS? Pois a próxima vez que queras escoitar o conto, proba con este vídeo. Podes ver o conto e case lelo á vez!!!
Ainda que tamén podemos atopar peixes en peceiras. Queres axudarnos a contar cántos hai de cada nesta? Está feita dunha ficha que atopei na rede, pero está "personalizada". Seguro que che sae fetén!! Conta, conta...
Unha máis antes de ir cara augas máis profundas. Usa uns códigos de cor para facer esta ficha. Se non tes as mesmas cores podes cambialas por outras, pero non esquezas usar a mesma cor cando atopes o mesmonúmero.
Hoxe poderíamos tentar facer unha aventura marina sen usar unha pinga de auga. Che parece que fagamos uns animais? Primeiro unha pequena quenlla (BABY SHARK), que nos encantan... É moi sinxela de facer cunha cartolina cortada en redondo ou un plato de cartón, pero se queredes instruccións, premede na imaxe e vos levará ata o BABY SHARK...
Peixes variadísimos:
Queres ver cómo se fan?
Peixiños pequenos, como o azul do conto :
Guapiiiisim@s, non sí? Pois preme na imaxe para que che leve ó blogue onde se atopan as instruccións...in English, pero ben se ven 😉🤣
Nos que da o Polbo, e xa o temos todo, ou non? É superguai para aprender a recortar con tesoiras, que aínda nos ocsta un pouquiño. Iso sí, en lugar de pacelo en papel podes usar os rolos de papel hixiénico e cortaalo ata a liña que che poñan na vasa marcada. É máis duro, pero tí podes con todo!! E así che ha durar máis o polbiño. Podes pintalo antes para que che sexa máis doado. Preme na imaxe para ver máis cousas de recortar.
Recomendadísima a de facer un peixe de refugallo con botellas de plástico. pero vos teñen que axudar moito as familias, porque é un pouquiño peliaguda e está en ENGLISH . A ver vos que opinades...
Escollede as que queirades, e se vos ocorre algunha diferente...Compartide!! .
A profe COVA xa traballou moitas cousas dos peixes nestes días , pasade polo blogue de ENGLISH . Está cheo de recursos.
E por último unha aportación da profe María, xa que estamos a falar do ARCOIRIS🌈 achéganos este vídeo da canción. É moi bonita, e ainda que non coñezamo ós nenos paga a pena...É de Pirilampo
Ningún comentario:
Publicar un comentario