xoves, 21 de maio de 2020

🌍💚 COIDANDO O PLANETA 💚🌍Contenedor verde.

Azul, amarelo e por fin toca o verde. Estaba agardando para falarvos deste contenedor, porque é fabuloso. Nel  entran recipientes e saen Obras de Arte, en serio!!

Fíxate ben para resolver o crebacabezas do contenedor verde. Que cousas leva dentro?


 Parece moi sinxeliño, leva botellas de cristal e tarros. NOOOOOON!! Só poden ser de VIDRO. Por exemplo as bombillas, as gafas, os espellos, as copas e a louza NON se pode reciclar neste contenedor. Son para o punto limpo. As botellas e vidros ademáis non deben levar tapóns, nin corcho. Bota un ollo a estes carteis:
Superclariño, a que sí?


 Para saber máis preme neste xogo. Non é un xogo de verdade, pero levarate ata unha páxina onde che falan de volcáns e natureza que crea vidro. Sabías que o primeiro vidro fíxose por accidente cun raio caendo sobre a area? Iso din por ahí...
Desta mestura de area, metais e calor xurde de novo o vidrio reciclado. Mirade que chulos estes vasos que fixeron estas  irmás arquitectas do estudo T Sakhi.
Pero aínda se poden facer moitísimas máis cousas, ademáis de máis botellas, vasos e tarros novos.
Seguro que na casa tes cousas de vidro reciclado. Pregunta, pregunta.
Agora que xa sabes tanto, por que non fas esta ficha? Axuda a colocar cada envase no seu contenedor.


 Se a prefires facer interativa preme AQUÍ ou na ficha de abaixo:




Agora para reforzar todo o que xa sabes deste contenedor fai un un MEMORY. Parecen que é doado pero é para mentes moi atentas...


Non te podes ir se xogar un anaquiño. Un crebacabezas moi d@s Cadrad@s,  para empezar.



E ti, que poderías facer con tanto vidrio reciclado? Que tal estas figuras feitas de TESELAS de mosaico? Son superCOLORIDAS



 

Que de cousas se poden facer cos vidrios, verdade? Pois RECÍCLAOS, dalles unha nova oportunidade


!Tod@s nos beneficiaremos!

E non esquezas pasar polo PADLET
actividades da 276 a 282

Ningún comentario:

Publicar un comentario