Benvid@s a unha visita polo mar abaixo...
Nesta semana estivemos a ver moitos animáis diferentes, pero xa fai tempo que coñecíamos a mooitos máis. Lémbraste destas mascotas?
Qué tiñan en común? Sí, vivían nos P-O-L-O-S e tamén no mar ou moi preto. Nadaban de marabilla tod@s!! Empecemos polo O-S-O P-O-LAR, xa que estamos coa semana da -O- Fíxate ben porque esta ficha é INTERACTIVA!!! Eso quere dicir que podes completala dentro do ordenador, tablet ou móbil no que esteas lendo esta entrada. E unha chulada!!!
Os sons só se escoitan nos navegadores Chrome ou Safari. Cando remates podes darlle a corrixir e pon NOTA ou enviarme a min para que vea o ben que a fixeches. Terás que poñer cadrado19@gmail.com
Animais e a súas cousas. OSO POLAR, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Por se a queres facer en papel aquí deixo outra adaptada a esas circunstancias. Por se queres coller o lápiz:
Por detrás podes debuxar máis cousas que comen os O-S-O P-O-LARES.Ou se lembras qué amig@s estaban nese equipo... Tenta poñerlle o nome embaixo, o mellor que poidas. Que non te lembras moito? Pois nada, bótalle unha ollada de novo ao PADLET PLANETA ANIMAL
Atoparás moitos dos recursos e vídeos que xa vimos na escola...
Como a tod@s nós encántanos os animais, vos propoño estas superactividades para repasar números e tentar xogar coas letras. Iso sí, no fondo do mar...
Seguro que lembras esta canción, e que baixo o mar pasa cada cousa...
Pois cunhas cantas letras máis xa saberás cómo se poñen os nomes de moitísimos animais.
Aproveitamos que o tes fresquiño e que che parece se cubres esta ficha? Colle lápiz, colores,uns dados🎲🎲 e.. BOA SORTE!!🍀
Antes de que te vaias, vouche deixar un xogo que é unha TONTERÍA!!!
Que non mo cres? Pos preme embaixo e verás...
Non esquezas pasar polo PADLET que verás algunha cousiña máis...
Ningún comentario:
Publicar un comentario