domingo, 10 de xuño de 2012

ARTISTAS QUE SOMOS. EXPOSICIÓN NO CRUZ DO SAR.

Nesta semana vivimos o acontecemento máis importante, ou case, do curso.
A exposición da nosa obra de arte na galería especial do 
CPI Cruz do Sar
onde imos estar o vindeiro ano .


Aqui nos vedes a todos "warholeados" e feitos unha sopa nos botes de "Bergondo soup" da nosa propia marca: Guísamo.


Compartimos sala de exposición co resto de Escolas do CRA e cos artistas do CPI.
Estamos desexando compartir convosco a visita ao noso centro de referencia, onde, como sempre,
¡¡¡ tratáronnos fenomenalmente ben !!! 

Sentade e desfrutade deste vídeo que é un pouquiño longo pero moi revelador...







Se queredes ver máis vídeos e fotos sobre a saída tedes entradas máis curtiñas e moi chulas nos blogues de AL, Son do CRA e Biblioteca. Pero de seguro que ao longo da semana irán aparecendo máis.
No blogue da Biblioteca tamén está o vídeo do conto que nos contou Loli, que leva a Biblioteca do  Cruz do Sar.






Nesta semana de emocións e prisas, os encargados dos equipos foron os seguintes:
HUGO, JAIRO, DANI e CARLA.


E, de novo no día da foto lle tocou como Axudante  a JULIA.


Antes de rematar non queremos esquecer o conto que sobre un artista galego xenial nos contou a profe Isa: Luis Seoane.
 na vindeira semana tentaremos facer unha obra caseque igual cunha súa. 
Estamos convencidos de que nos ha quedar estupenda.




11 comentarios:

  1. Silvia e cadradiñ@s, pasámolo fenomenal, non si? Eu voltaría esta semán outra vez. Tratáronnos estupendamente e como lucían os nosos traballos!!! Bicos e ata o luns que nos agarda Cheeky para entrar na cápsula do tempo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola, Cova!!!
      Estamos desexando gardar a Cheeky nas cápsulas do tempo. Cando pasen moitísimos anos, en 2º de primaria, as abriremos e te botaremos de menos.
      ¡¡Huggies dos Cadrados!!

      Eliminar
  2. Olaaaaaa cadradiños!! Que ilusión coñecer o que vai ser o voso novo cole ¿verdade? ¡¡Unha aperta grande!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. HOla, Dolores!
      Moitísimas grazas polo comentario.Estamos desexando poñer o libriño que fixemos contigo na cápsula do tempo. Ata o xoves!!!

      Eliminar
  3. A verdade é que con ese recibimento que nos brindan sempre, non estraña nadiña que os nenos marchen contentísimos para o novo cole. Os silvosiñ@s tamén viñeron encantad@s!
    Unha aperta!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Biquiños, Silvosiños. Vémonos en setembro no Cruz do Sar!!!Vainos gustar moito estar convosco!!!Muakssss!!!

      Eliminar
  4. Menuda reportaxe máis completiña!!!! Unha sorte poder ter a visita, o desfrute cos profes, diretor, alumn@s e demáis persoal do cole que nos recibiron, verdade?
    Dentro de nada vos veremos por alí xa totalmente integrados, moita sorte!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, María!!!!E moitísimas más por acompañarnos na visita ao cole!!! ¿Sonouche a banda sonora do vídeo? A que descobriches ao pinqüín Sadurniño soando?!!!!! Grazas por nolo aprender. Ciao!!!!

      Eliminar
    2. Si, claro, pasóuseme comentalo antes....e a ratiña Loliña tamén se escoita, así lles queda un recordo máis dos sons do CRA...bicos

      Eliminar
  5. Menuda viaxe Cadradiños!!!que ben o pasáchedes!!!Noraboa polo voso poster de latas bergondesas wharholeadas,é chuliiiiiiiiisimo.Un bico para todos.

    ResponderEliminar
  6. Chicos e chicas!! A vosa obra de Warhol quedou chulisísima! A verdade é que o pasamos fenomenal no cole dos maiores e vos en setembro, con esta visita que fixestes...estaredes como na casa!! Traballades moi ben, seguide así! Bicos e noraboa a todos e á profe!

    ResponderEliminar