xoves, 23 de abril de 2020

🌈📕📗FELIZ DIA DO LIBRO📒📘💖

Hoxe é o día do libro, co que nos gustan @s cadradiñ@s!!! 
Imos celebralo cunha morea de cousas divertidas. Xa veredes:

 Empezamos polo crebacabezas, a ver cómo se che da!!

Temos unha chea de vídeos vosos que mañá subiremos, estamos esperando, por que temos que  esperar por algun@s Cadradiñ@s que ainda están rodando😉🎥...
Mentras podes facer estes xogos de MEMORY de contos. Cántos destes coñeces? E algún dos teus favoritos? Aposto a que sí!!

Non esquezas premer nas frechas vermellas para ampliar o xogo...





Espera, espera, que aínda hai máis. A ver es recoñeces estes de aquí. Xa os contaramos na clase, lémbralos?


 Que non sabes por qué se celebra o Día Internacional do Libro? Agarda que cho explican neste vídeo.


Deixo aquí enlazada unha entrada que a vimos o ano pasado e que cho conta tooooodo polo miúdo. Bótalle unha ollada!! 

Neste Genially participaron poñendo as voces antig@s Cadradiñ@s. Xa veredes que vne o fan.



Pero o mellor aínda está por chegar...queres ver o "trailer" d@s Cadradiñ@s mentras agardas a estrea da película? 🎥✨🌈🌈 Pois aquí o tes. Faltan algúns protagonistas, pero de seguro que nestes días poderemos incorporalos.
Gustouche? Pois claro que estamos desexando vernos, pero aínda así estmos unid@s!! Mañá poderedes ver o vídeo completo.

Ollo, que aínda podedes atopar xente coñecida noutros blogues, como o de Música


ou  na entrada da Biblio!!


Desfrutade moito e non vos olvidesdes de revisar o  PADLET NON PERDAS O RITMO.



2 comentarios:

  1. Deseando ver la película! ❤️❤️

    ResponderEliminar
  2. Xa case case está !! Fáltannos un par de actores/actrices principais e xa a teredes en pantalla en breve ;)

    ResponderEliminar