domingo, 25 de novembro de 2012

Máis CADRADOS NOS CADRADOS

Temos moitas cousas que contar na
Aula dos Cadrados.
Xa nos despedimos de Francia (AU REVOIR) e marchamos con MADLENKA cara outros lugares. 
Dámosvos uhna boa pista coas fotos que seguen...


Por se non vos da tempo a vernos,
poñemos o póster completo...


¿ Aínda non sabes cara onde fumos desta volta?
Pois o noso amigo MANUEL acláracho neste vídeo...



Podes seguir a nosa viaxe a través dos blogues PINTUREIRO, TICs do CRA, Son do CRA e O Mundo Enteiro, aínda que en todos os blogues do CRA seguro que atoparas cousas interesantes.

Nestes días estivemos seguinda pista duns pequenos amigos dibuxados por ANXO FARIÑA. Son CADRADOS, como a mascota da nosa Aula,
¡¡¡Son os famosos PELELLIÑOS!!!
Amigos de Antón e Pompón que tamén nos acompañan na viaxe...

Xa levamos algún para a casa e pronto levaremos os demáis. Con eles aprendimos a colocar ollos e boca nas cara e imos mellorando moitísimo...
Aquí o podedes apreciar.
Tamén tivemos os nosos primeiros encargados do curso. 
Esa honra nesta primeira vez foi de...
NOEMÍ, VÍCTOR E ALBA.
¡Qué contentiños estaban!
Nesta última semana tamén celebramos o
con diferentes actividades. 
Vede cómo resultou na nosa aula...


Logo coa profe Isa, da BIBLIOTECRA, vimos un vídeo musical de LUNICEF superchulo...


e un contador de días dos dereitos de seu para cada neno que poderedes ver no blogue BIBLIOTECRA.



Continuaremos coa viaxe a vindeira semana, desfrutando das características de INDIA; pintando MANDALAS dende Pintureiro; aprendendo e visualizando cousas indias dende o Mundo Enteiro; facendo instrumentos coa profe María; documentándonos dende a Biblioteca 
e xogando no mundo no blogue de TICs.



2 comentarios:

  1. Pero canto traballades, cadradiños, e non parades de aprender cousas novas e preciosas, esperade a mañá que imos bailar o noso baile hindú, biquiños!!!!

    ResponderEliminar
  2. Namasté cadradiños!!! Manuel explica de forma moi divertida onde estades viaxando! India é un país fabuloso!!!

    ResponderEliminar