Din que en "ABRIL AUGAS MIL", e neste vai ser que é certo...
Pero tamén é o comezo do ciclo das Bolboretas...
Para celebralo fixemos o baile das bolboretas que a profe María nos aprendeu na clase de música.
¡O facemos estupendamente ben!
Seguimos co noso traballo de Arte e non nos olvidamos do noso propio retrato, eso si, "Warholeado".
Vede que chulos quedaron:
Pronto poderedes ver máis cousas dos traballos de Warhol no apartado SOMOS ARTISTAS.
Sin os encargados a clase non funcionaría.
Nesta ocasión os que fixeron esta laboura foron, como diría a profe Cova, un "girl team":
ARIANNA, ALBA, NEREA e JULIA,
que o pasaron así de ben...
E o Axudante o día da foto foi LUIZ, que xa é un profesional do cargo:
Pero do que máis contentos quedaron nesta semana foi da visita de María, a nai de Dani, que nos veu facer unha sobremesa ou postre
¡¡¡ en directo !!!
Unhas fabulosas tortitas ou pancakes, como ben nos contou ela.
O primeiro é a receita que nos preparou...
(Poñédevos cómod@s que dura un bo anaco.)
Dende os Cadrados lle queremos dar as grazas por todo: a súa paciencia, o enfoque pedagóxico do obradoiro, toda a preparación na casa, e todo traballiño que lle levou.
¡¡¡Grazas, María!!!
Por último, se queredes ver o vídeo da canción PANCAKES de Charity and the JAMband, que acompañou o vídeo das tortitas, aquí o tedes, non o perdades, que está ben gracioso...