Non queremos olvidarnos esta semana de presentar a unha figura que leva connosco moito tempo: O AXUDANTE.
O traballo de axudante é moi completo, así que rotamos cada día. No día da foto tocáballe o turno a Iñaki. Vede con qué soltura e saber estar posa ante a cámara.
Tamén presentamos aos encargados desta semana. Posaron para a foto xa algo cansos, pero satisfeitos polo traballo realizado.
Nesta semana tocáballe a reportaxe fotográfico á clase de Educación Física. O profe Ricardo fíxonos traballar arreo, pero pasándoo moi, moi ben. Non hai más que ver as fotos.
Á espera das consignas do profe
Amodiño repartimos o traballo
Con moita paciencia esperamos turno
¡¡Menuda velocidade!!
Pero isto non é nada comparado cos vídeos que ides ver agora: Os cadrados cruzando o río cheo de "ostráculos" como comentaba un dos cadradiños.
Hai que os ver...
"Dándolo todo", ¿ a que sí?
E, claro, despois de tanto traballar, necesítase un tempo de relaxación e descanso...
Para celebrar a chegada do OUTONO preparamos unha leria coa profe DOLORES no tempo do Proxecto de Estimulación da Linguaxe.
Primeiro nas nosas mesas:
E despois na PDI . Vede qué ven nola sabemos:
Podedes ver a leria e máis cousas que traballan en Audición e Linguaxe no seu blogue. Facendo clic enriba deste ENLACE AO BLOGUE DE AL.
Durante toda a semana traballamos nos equipos en cousas ben diversas.
E non podemos olvidar os preparativos do noso mural de cabazas. Alex trouxo unha moi chula e nela nos inspiramos para decorar a nosa con pintura e esponxa. Polo de agora vainos quedando así...Xa veredes qué ben vai a estar o mural pero teredes que agardar ata a semana que ven.
Grazas á profe Eva pola axuda!
Tamén dimos a benvida á nosa nova compañeira de clase, e mascota, a ABELLA PEPA.
Con PEPA quixo quitar as fotos de Cumple a nosa compañeira CARLA, que xa pertence ao clube dos de 5 anos.
Convidounos a todos a unhas tartas riquísimas, tanto que algún larpeiro quería tomar o cuarto trozo !!!!
Grazas de parte de tod@s e MOITAS FELICIDADES.
E antes de rematar a semana, falta o conto. Desta volta a profe ISA contounos un moi axeitado a este tempo: Xaime e as landras.
Podédelo escoitar nos blogues da BIBLIOTECA e no de TICs somentes facendo clic enriba dos nomes xa que é un traballo colaborativo das dúas dinamizacións.
Desfrutádeo.
Desfrutádeo.
Canto traballades! Non parades nen un minuto! Que bonita está a quedar esa cabaciña, teño xa ganas de vela. Eu estou MOI CONTENTA do ben que aprenderon o poema. Saudos!!
ResponderEliminarEstes rapaces son moi traballadoriños!! Facedes de todo!! O voso blogue é moi chuli! Bicos e noraboa por todo o traballo!Por certo...a cabaza quedou moi bonita!E parabens para Carla!!
ResponderEliminarOla, somos os nenos e nenas de Silvoso.Encántanos a vosa cabaza cabaciña, quedou moi bonita, un bico.
ResponderEliminar