luns, 16 de marzo de 2020

ENTROIDO a toda cor!!! Guísamo 2020

Con tanto experimento casi olvidamos subir a entrada dunha festa fabulosa: o ENTROIDO.
Este ano estivo adicado ós animais, así que os mandados foron nesa liña:


Así de lucidiño foi o primeiro día, o luns:

Os rabechos chegaron á escola o martes:


O mércores engadimos as ás:


O xoves completamos o conxunto animal cos pezuños variados...


Saíronos animais a mar de sorprendentes, con nomes dificilísimos de pronunciar, e  mesmo de debuxar, pero o moi divertidos.
Na PDI usamos un xogo onde crear animais mesturando anacos doutros e quedaron graciosísismos!! 
Por se queredes xogar a crear animais aquí vos queda o enlace, ainda que sempre o podedes atopar no PADLET PLANETA ANIMAL.


 Por fin chegou o Venres, que foi o día de Gala!!
Xa tod@s puidemos vir co disfraz que máis nos apeteceu. Vede os resultados.
Festa rachada!!!
 Posamos de xeito individual...



E tamén agrupados. Aquí esta a "animalada" completa:


Superherois


O que quixo posar no equipo do "medo" 
e tooood@s @s persoaxes de conto...


Xunt@s somos un montón!!!


  Tanta cousa xa da fame. Compartimos a superlambonadas de Entroido que enviaron as familias . DELICIOSAS!!!!
Grazas por participar coas vosas achegas, Cadradiñ@s!!!


Queredes ver o ben que o pasamos? Pois este vídeo vos pode dar unha idea ...




E é que o ENTROIDO encántanos a tod@s!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario