Na primeira semana completa na Aula dos CADRADOS pasaron moitísimas cousas:
Fixemos a nosa primeira fila ás nove xunto cos demáis amigos da Escola de Guísamo, e os máis de nós despedimos da familias con bastante alegría.
Preparamos a aula paraa visita de CRISTOVO, a mascota da Biblioteca do CRA .
A ver se a ves aparecer ...
Tivemos a primeira clase de ENGLISH coa profe COVA que nos aprendeu unha canción superchula . ¡¡Xa veredes qué ben o facemos!!!
Tamén tivemos PEL que é o Proxecto de Estimulación da Linguaxe coa profe DOLORES e cun novo amigo, o dragón Pepón.
Podedes ver máis cousas sobre él premendo na imaxe do dragón.
Co profe RICARDO conquistamos o patio interior na clase de Educación Física e nos divertimos moitíiisimo.
Tanto esforzo merece un descanso, e iso foi o que intentamos no patio de recreo. Pero, claro, emocionámonos e acabamos correndo aínda máis.
Vede qué pronto fixemos amigos nas outras aulas...
O primeiro CUMPLE do curso tamén foi esta primeira semana. A nosa amiga ESTELA pasou de dous a ¡¡¡TRES ANOS!!!
¡¡Vede que torta tan riquíiiiisima trouxo para convidar!!
Esta torta deixou pegada en moitos de nós.
E por último tivemos unha visita moi desexada, como xa vos contáramos: o polbo Cristovo, a mascota da biblioteca e gran amigo da profe ISA e de toda a xentiña do CRA.
Neste vídeo podedes ser espectadores de cómo os recibimos cos brazos abertos na nosa aula...
¡¡ATA a PRÓXIMA ENTRADA!!