sábado, 21 de xaneiro de 2012

Semana de Don Fresquete

Esta Semana chegou "Don Fresquete" á nosa aula.





O fixemos utilizando os tapóns para reciclado que traen @s nen@s. Na base un blanco, para gorro un vermello. ¿ A que quedou estupendo? 
 Estamos moi orgullosos deles:


Vede que "monos" quedaron...







Esta semana as encargadas foron 
NEREA, ARIANNA, MIRIAM e CARLA
que posan tan felices para a foto.


O día da reportaxe o Axudante foi ALEX que estaba ben contento co seu cargo:


Nesta semana aprendemos varias lerias que prometemos gravar nos vindeiros días, ahora as veredes como adianto, el@s xa as saben pero que moi ben:





Tamén recibimos as bolsas de CRISTOVO, a mascota da Biblioteca do CRA a anterior semana e volas queremos amosar.


A profe ISA, no tempo de Biblioteca, contounos contos en distinto formato: un dixital que podedes ver no blogue de TICs ou clicando na imaxen de abaixo


 e outro de papel, dos de sempre.



Tivemos tamén un momento moi especial, de baile e ledicia coa profe MARÍA. Tróuxonos un twist  superchulo dun pingüín moi fachendoso, SADURNIÑO se chamaba.
 Vede neste vídeo que ben se nos deu, e é que xa nos dixeron que eramos unhs artistazos do baile!...

5 comentarios:

  1. Que ben o facedes, chicos e chicas dos cadrados, así da gusto!!!!
    Ademáis do super "Don Fresquete"que fixéchedes, tedes marcha para cantar e bailar...bicos para tod@s!!!

    ResponderEliminar
  2. Qué maravilla! A verdade é que Don Fresquete quedou ben guapo e para o frío que vai estes días...estará ben contento da bufanda e gorro que lle puxestes. Por certo...vaia marcha que tedes coa profe María!!

    ResponderEliminar
  3. Tanto lle gustou a Cheeky Don Fresquete que xa se puxo el esta finde a facer un, non lle quedou tan ben coma a vos, pero non llo vou dicir a el. Chámalle Mister Coldy. Bicos e vémonos o luns.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non te preocupes, Cova. Ímoslle decir a Cheeky que está moi guay, porque é o noso amigo e non queremos que se poña triste.Bicos

      Eliminar
  4. Gústame moito o ben que vos quedaron os bonecos de neve! Unha aperta!

    ResponderEliminar