domingo, 22 de abril de 2012

PANCAKES, RETRATOS E BOLBORETAS.

Din que en "ABRIL AUGAS MIL", e neste vai ser que é certo...
Pero tamén é o comezo do ciclo das Bolboretas...


Para celebralo fixemos o baile das bolboretas que a profe María nos aprendeu na clase de música.
¡O facemos estupendamente ben!



Seguimos co noso traballo de Arte e non nos olvidamos do noso propio retrato, eso si, "Warholeado".
Vede que chulos quedaron:


Pronto poderedes ver máis cousas dos traballos de Warhol no apartado SOMOS ARTISTAS.

Sin os encargados a clase non funcionaría.
 Nesta ocasión os que fixeron esta laboura foron, como diría a profe Cova, un "girl team":
ARIANNA, ALBA, NEREA e JULIA,
que o pasaron así de ben...



E o Axudante o día da foto foi LUIZ, que xa é un profesional do cargo:


Pero do que máis contentos quedaron nesta semana foi da visita de María, a nai de Dani, que nos veu facer unha sobremesa ou postre
 ¡¡¡ en directo !!!
Unhas fabulosas tortitas ou pancakes, como ben nos contou ela. 
O primeiro é a receita que nos preparou...


E despois o vídeo da elaboración e degustación do manxar... 
(Poñédevos cómod@s que dura un bo anaco.)




Dende os Cadrados lle queremos dar as grazas por  todo: a súa  paciencia, o enfoque pedagóxico do obradoiro, toda a preparación na casa, e todo traballiño que lle levou.
¡¡¡Grazas, María!!!




Por último, se queredes ver o vídeo da canción PANCAKES de Charity and the JAMband, que acompañou o vídeo das tortitas, aquí o tedes, non o perdades, que está ben gracioso...



domingo, 15 de abril de 2012

DE PASCUAS EN RAMOS

As fotos da preparación da Pascua aínda non estaban no blogue do cadrados  e xa temos un novo proxecto de plantas, flores (e ramos).


Antes de nos ir de Pascua preparamos os adornos para o cole e para a casa, podédesnos ver mans á obra neste slide:
Preparando a Pascua dos Cadrados on PhotoPeach


Os encargados dos traballos semanais foron
PAULA, ANTÓN, LUIZ e MIRIAM
que posan aquí con cara de vacacións á vista:


Tampouco engana a cara de felicidade de MARTA, a axudante o día da foto:


Xa de volta das Vacacións houbo novidades: novos grupos, novos cartéis de nome e novo proxectos, aínda que non nos esquecemos dos que aínda estamos a facer:



Agradecemos a coaboración de todas as familias, que nos surtiron de variedades de plantas. Non precisamos xa máis ou senón... 
¡¡¡ teremos que invadir leiras veciñas para dalo plantado todo !!!




Os encargados de tan florida semana e primeiros dos novos grupos foron
MARTA, BRAIS, ANTÓN e DANI








E a Axudante no día da foto foi NEREA, que posou tan profesionalmente como sempre...




Antes de rematar dous documentos excepcionais destes últimos días:
Cheeky Monkey quixo colaborar connosco no proxecto ANDY WARHOL e tróuxonos para nolo amosar un CD deseñado por Andy para os "Velvet Underground" que mercou na súa viaxe a New York no museo MOMA.




Se queres saber máis sobre este momento, pronto subiremos máis información no apartado Somos Artistas.


Outro documento gráfico excepcional é unha foto "wharholeada" de NEREA e a súa mamá que fixeron durante as vacacións e que lles quedou superguai.




No blogue PINTUREIRO teredes en breve unha aplicación para colorear a vosa foto como se fósedes Andy e tamén para facer o voso retrato no xeito doutros pintores.
¡¡Animádevos a compartila connosco!!